Actividade Duración Carácter Descrición
Curso de xestión bibliográfica 20 horas Obrigatorio Trátase dunha actividade eminentemente práctica impartida polo persoal da Biblioteca Central da Universidade de Vigo, dirixida a familiarizar aos doctorandos co acceso e manexo dos recursos bibliográficos, fundamentalmente en formato electrónico, aos que se pode acceder desde a Universidade de Vigo a través do Consorcio Bugalicia das tres universidades do SUG.
Técnicas de investigación 10 horas Obrigatorio Actividade dedicada a instruír aos doutorandos nas técnicas adecuadas de procura, selección, sistematización e análise da documentación e demais material investigador necesario para a elaboración da tese doutoral, así como no modo de abordar, acoutar e estruturar un tema obxecto de investigación, complementando correctamente os aspectos teóricos e empíricos.
Seminario sobre protección dos dereitos fundamentais 20 horas Obrigatorio Actividade dedicada ao estudo dos diversos mecanismos e vías que prevé o ordenamento xurídico para a protección dos dereitos fundamentais nos distintos ámbitos (civil, penal, laboral), e en particular, fronte ás lesións derivadas do uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación.
Seminario sobre xestión e resolución de conflitos 20 horas Obrigatorio Actividade dedicada á análise dos tipos de conflitos e os posibles métodos de xestión e resolución dos mesmos, prestando especial atención aos métodos alternativos ao proceso (ADR) e, en particular, á mediación e á arbitraxe.
Seminario sobre dereito e psicoloxía do menor e a familia 20 horas Obrigatorio Actividade dedicada á análise, desde unha perspectiva xurídica e psicolóxica, da problemática derivada das situacións de ruptura matrimonial ou de parella e a súa repercusión sobre os menores.
Seminario sobre aplicacións da psicoloxía xurídica dende a xustiza terapéutica 20 horas Obrigatorio Actividade dedicada ao papel e incidencia da psicoloxía xurídica nos métodos de solución de conflitos informados polos principios da chamada Xustiza Terapéutica, especialmente a mediación.
Seminario sobre menores en conflito: Proceso penal e sistemas de intervención 20 horas Obrigatorio Actividade na que se abordará a situación dos menores en conflito coa lei penal desde unha perspectiva multidisciplinar: o menor como infractor, o proceso penal de menores e os mecanismos de intervención socioeducativa cos menores infractores.
Asistencia a congresos científicos 20 horas Obrigatorio Actividade consistente na asistencia dos doutorandos a Congresos especializados (de ámbito nacional ou internacional) sobre temas relativos ás liñas de investigación propias do Programa de Doutoramento,
e en particular, aqueles que sexan máis afíns ao seu tema de tese. O carácter obrigatorio desta actividade queda condicionado á dispoñibilidade de financiamento.
Estadías de investigación 480 horas Obrigatorio Actividade consistente en que o doutorando realice algunha estancia de investigación noutra Universidade ou Centro de Investigación, preferiblemente estranxeiro, e que resulte de especial interese por razón da liña de investigación asignada para a elaboración da tese doutoral. O carácter obrigatorio desta actividade queda condicionado á dispoñibilidade de financiamento.