Información
O Programa de Doutoramento en Xestión e Resolución de Conflitos. Menores, Familia e Xustiza Terapéutica pola Universidade de Vigo é un programa de doutoramento de carácter multidisciplinar rexido polo RD 99/2011, de 28 de xaneiro, que se oferta desde o curso académico 2013/2014.
Inclúe liñas de investigación do ámbito xurídico, psicolóxico e socieducativo; e por iso, está particularmente dirixido a persoas graduadas no ámbito das ciencias sociais e xurídicas, entre os que teñen preferencia as persoas tituladas en Dereito, Psicoloxía, Traballo Social, Socioloxía e Educación.
Se preme no recadro de abaixo poderá descargar a memoria do programa de doutoramento.
Organización
Coordinadora
Comisión académica:
- Esther Pillado González (Presidenta)
- Pablo Grande Seara (Secretario)
- Francisca Fariña Rivera
- María Dolores Fernández Fustes
- Helena Martínez Hens
- Miguel Ángel Michinel Álvarez
- Carmen Verde Diego