Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Programa de Doutoramento en Xestión e Resolución de Conflitos. Menores, Familia e Xustiza Terapéutica

O Programa de Doutoramento en Xestión e Resolución de Conflitos. Menores, Familia e Xustiza Terapéutica pola Universidade de Vigo é un programa de doutoramento de carácter multidisciplinar rexido polo RD 99/2011, de 28 de xaneiro, que se oferta desde o curso académico 2013/2014.

Inclúe liñas de investigación do ámbito xurídico, psicolóxico e socieducativo; e por iso, está particularmente dirixido a persoas graduadas no ámbito das ciencias sociais e xurídicas, entre os que teñen preferencia as persoas tituladas en Dereito, Psicoloxía, Traballo Social, Socioloxía e Educación.