| Curso de xestión bibliográfica |
20 horas |
Obrigatorio |
Trátase dunha actividade eminentemente práctica impartida polo persoal da Biblioteca Central da Universidade de Vigo, dirixida a familiarizar aos doutorandos co acceso e manexo dos recursos bibliográficos, fundamentalmente en formato electrónico, aos que se pode acceder desde a Universidade de Vigo a través do Consorcio Bugalicia das tres universidades do SUG. |
| Técnicas de investigación |
10 horas |
Obrigatorio |
Actividade dedicada a instruír aos doutorandos nas técnicas adecuadas de procura, selección, sistematización e análise da documentación e demais material investigador necesario para a elaboración da tese de doutoramento, así como no modo de abordar, acoutar e estruturar un tema obxecto de investigación, complementando correctamente os aspectos teóricos e empíricos. |
| Seminario sobre protección dos dereitos fundamentais |
20 horas |
Obrigatorio |
Actividade dedicada ao estudo dos diversos mecanismos e vías que prevé o ordenamento xurídico para a protección dos dereitos fundamentais nos distintos ámbitos (civil, penal, laboral), e en particular, fronte ás lesións derivadas do uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación. |
| Seminario sobre xestión e resolución de conflitos |
20 horas |
Obrigatorio |
Actividade dedicada á análise dos tipos de conflitos e os posibles métodos de xestión e resolución dos mesmos, prestando especial atención aos métodos alternativos ao proceso (ADR) e, en particular, á mediación e á arbitraxe. |
| Seminario sobre dereito e psicoloxía do menor e a familia |
20 horas |
Obrigatorio |
Actividade dedicada á análise, desde unha perspectiva xurídica e psicolóxica, da problemática derivada das situacións de ruptura matrimonial ou de parella e a súa repercusión sobre os menores. |
| Seminario sobre aplicacións da psicoloxía xurídica dende a xustiza terapéutica |
20 horas |
Obrigatorio |
Actividade dedicada ao papel e incidencia da psicoloxía xurídica nos métodos de solución de conflitos informados polos principios da chamada Xustiza Terapéutica, especialmente a mediación. |
| Seminario sobre menores en conflito: Proceso penal e sistemas de intervención |
20 horas |
Obrigatorio |
Actividade na que se abordará a situación dos menores en conflito coa lei penal desde unha perspectiva multidisciplinar: o menor como infractor, o proceso penal de menores e os mecanismos de intervención socioeducativa cos menores infractores. |
| Asistencia a congresos científicos |
20 horas |
Obrigatorio |
Actividade consistente na asistencia dos doutorandos a Congresos especializados (de ámbito nacional ou internacional) sobre temas relativos ás liñas de investigación propias do Programa de Doutoramento, e en particular, aqueles que sexan máis afíns ao seu tema de tese. O carácter obrigatorio desta actividade queda condicionado á dispoñibilidade de financiamento. |
| Estadías de investigación |
480 horas |
Obrigatorio |
Actividade consistente en que o doutorando realice algunha estadía de investigación noutra universidade ou centro de investigación, preferiblemente estranxeiro, e que resulte de especial interese por razón da liña de investigación asignada para a elaboración da tese de doutoramento. O carácter obrigatorio desta actividade queda condicionado á dispoñibilidade de financiamento. |