CB11: Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e dos métodos de investigación relacionados con dito ámbito
CB12: Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación
CB13: Contribución á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal
CB14: Realización dunha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas
CB15: Capacidade de comunicarse coa comunidade académica e científica, e coa sociedade en xeral, sobre os seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional
CB16: Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, do avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento
CB17: Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá
Capacidades e destrezas
CA01: Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica
CA02: Encontrar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo
CA03: Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento
CA04: Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinario
CA05: Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada
CA06: A crítica e defensa intelectual de solucións
Outras competencias
OC1: Capacidade de identificar, analizar e avaliar os factores xurídicos, sociais, psicolóxicos, económicos e culturais que inciden na xénese, evolución e resolución dos conflitos interpersoais e sociais
OC2: Capacidade de aplicar metodoloxías avanzadas de investigación cualitativa e cuantitativa para formular propostas innovadoras de mellora da eficacia, eficiencia e sustentabilidade dos mecanismos de prevención, xestión e resolución de controversias
OC3: Capacidade de avaliar cientificamente o impacto das políticas públicas, os sistemas de xustiza e os mecanismos alternativos de resolución de conflitos sobre a cidadanía e, en particular, sobre os grupos vulnerables
OC4: Capacidade de deseñar investigacións e formular propostas orientadas á humanización dos sistemas de xustiza e á mellora do benestar das persoas implicadas en procesos xudiciais ou administrativos
OC5: Capacidade de identificar situacións de vulnerabilidade, exclusión ou discriminación e de deseñar e propoñer programas e estratexias de intervención baseadas en evidencia científica